Contents limits

Certificacións

Solicitude dunha certificación mercantil telemática


Os Rexistradores Mercantís son os únicos funcionarios que teñen facultade de certificar o que resulte dos libros do Rexistro.
Para solicitar Certificacións Rexistrais Telemáticas será necesario ser usuario aboado do servizo ou identificarse mediante sinatura electrónica.

Pode solicitar tres tipos de certificacións:

  • Certificación de vixencia e cargo:  Trátase dunha certificación da vixencia dunha sociedade así como de todos os representantes sociais vixentes.
  • Certificación de cargo: É a certificación da vixencia dunha sociedade e dun representante concreto nesa sociedade.
  • Certificación para a emisión de Certificados Electrónicos de Representante de Persoa Xurídica: É igual que a certificación de cargo pero neste caso comunícase a revogación do cargo no rexistro cando se produza, co fin de actualizar os cargos dunha sociedade no rexistro.

Os representantes refírense a administradores, cargos e apoderados.


Custo do servizo:

A expedición da certificación dará dereito a percibir os honorarios establecidos no arancel dos Rexistradores Mercantís, aprobado por D 757/1973 do 29 de marzo (Cantidades convertidas en Euros B.O.E. 150/2002).

Resumen honorarios mercantil

ARANCEL

CONCEPTO

IMPORTE

1

ASIENTO DE PRESENTACIÓN

6,010121 €

21

NOTAS ESPECIAIS

1,803036 €

23

CERTIFICACIÓN DE CALQUERA ASENTO

1,502530 € *

24

CERTIFICACIÓN NEGATIVA DUN ASENTO

0,601012 €

24

PROCURA

1,502530 € máximo

25

DEPÓSITO/ ARQUIVO DE DOCUMENTOS

3,006061 €

R.D.G.R.N do 27 de xullo de 2005

PUBLICIDADE ÍNDICES/TRAMITACIÓN TELEMÁTICA

6,010121 €


* Se a certificación comprendese máis de dúas páxinas cobraranse, ademais, por cada páxina que exceda, 0,150253€.
** Impostos non incluídos
O despacho da certificación poderá dar lugar á cancelación dos asentos caducados conforme ao disposto no artigo 353 do Regulamento Hipotecario e 80 do Regulamento de Rexistro Mercantil, polo que os honorarios que se terá dereito a percibir poderán incrementarse no caso de que sexa necesario cancelar eses asentos

Unha vez expedida a Certificación, remitiráselle ao enderezo de correo electrónico indicado unha mensaxe que incluirá unha ligazón a unha páxina web onde poderá retirar a Certificación. En caso de ser usuario dos servizos interactivos do Colexio de Rexistradores pedirase nome de usuario e contrasinal, en caso contrario a identificación deberá realizarse con sinatura electrónica.
A Certificación poderá ser retirada en dous formatos: un formato puramente electrónico que deberá ser visualizado co visor específico facilitado polo Colexio de Rexistradores, ou ben poderá ser retirada en formato PDF imprimible, dotado dun Código Seguro de Verificación cuxa autenticidade poderá ser comprobada na páxina web establecida para o efecto e que figura no propio Código.


Volver a Mercantil ...

Contents limits
pechar