Contents limits

Propiedade

  • Organización
Os Rexistros da Propiedade de España dependen do Ministerio de Xustiza. Todos os asuntos referentes a eles están encomendados á Dirección Xeral dos Rexistros e de Notariado.
A totalidade do Territorio de España está dividido en circunscricións, denominados Distritos Hipotecarios. A cada Distrito Hipotecario correspóndelle un Rexistro da Propiedade, a cargo dun Rexistrador da Propiedade.
A totalidade dos Rexistradores de España intégranse no Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e de Bens Mobles de España.

Corresponde aos Rexistradores a levanza dos seguintes Rexistros:
  • Rexistros da Propiedade de Bens Inmobles, denominados xenericamente ¿Rexistros da Propiedade¿. Unicamente deles se tratará na presente páxina
  • Rexistros da Propiedade de Bens Mobles.
  • Rexistros Mercantís.
  • Rexistro de Condicións Xerais da Contratación.
  • Publicidade do Rexistro:
  • Interese lexítimo. Os Rexistros son públicos para quen teña interese coñecido en determinar o estado dos bens inmobles ou dereitos reais inscritos. O interese presúmese en toda autoridade, empregado ou funcionario público que actúe por razón do seu cargo ou oficio.
  • Nota Simple. A nota simple ten valor puramente informativo e non dá fe do contido dos asentos, sen prexuízo da responsabilidade do Rexistrador. 
Existen dous medios de solicitar, e obter, unha Nota Simple:
  1. Por escrito en soporte papel. Solicitándoa en persoa, no Rexistro da Propiedade correspondente.
  2. Por Internet. Prema aquí para obter unha nota simple
  • Certificación. As certificacións son copias, transcricións ou traslados, literais ou en relación, do contido do Rexistro, que -tras o seu tratamento profesional polo Rexistrador-, constitúen o medio de acreditar dando fe a situación hipotecaria das fincas e dereitos.
    O medio de solicitar, e obter, unha Certificación é por escrito en soporte papel. Debe solicitarse en persoa, no Rexistro da Propiedade correspondente. Non obstante, recentemente implementouse a posibilidade de obter Certificacións telemáticas, con sinatura electrónica recoñecida do Rexistrador.

Actualidade

Toda a actualidade

 

Eventos

Todos os eventos

Contents limits
pechar