Contents limits

Certificacións

Os Rexistradores da Propiedade son os únicos funcionarios que teñen facultade de certificar o que resulte dos libros do Rexistro.

 

Valor da certificación

A liberdade ou gravame dos bens inmobles ou dereitos reais só poderá acreditarse en prexuízo de terceiro por certificación do Rexistro. (Art. 225 L.Hipotecaria)

 

INSTRUCIÓNS DO SERVIZO

Para solicitar Certificacións Rexistrais Telemáticas é necesario que se identifique mediante sinatura electrónica ou mediante DNI Electrónico.

Para realizar a solicitude dispoñerase de dúas opcións de procura:

 

Procura por datos rexistrais

Neste tipo de consulta é necesario introducir o Rexistro da Propiedade a que se refire a petición, así como o municipio, número rexistral da finca, e a sección e o ordinal da subfinca no seu caso, o que encamiña de forma directa aos datos da finca que se quere consultar. No caso de que se dispoñan, é recomendable incluír no campo observacións o tomo, libro e folio nos que está inscrita a finca.

 

Procura por Idufir

Idufir son as siglas de identificador único de finca rexistral, e como o seu nome indica, permite determinar unha finca concreta dentro do territorio nacional. Deste modo, o usuario, coñecendo o idufir e sen a necesidade de dispoñer do resto de datos rexistrais, pode realizar a solicitude de calquera finca.

 

Tipo de certificación

Para realizar a solicitude deberá expresarse o tipo de certificación entre os seguintes:

 

  • Certificación de dominio: comprende unicamente a última titularidade de dominio que se encontre vixente.
  •  Certificación de dominio e cargas: comprende, ademais do dominio, todas as cargas ou gravames existentes sobre a finca e que estean vixentes.
  •  Certificación literal dun asento: comprende integramente o asento que se solicite.

Custo do servizo:

ARANCEL

CONCEPTO

IMPORTE

1

Asento de Presentación

6,010121 €

4.1a

Certificación de Dominio

9,015182 €

4.1b

Certificación de Cargas

24,040484 €

4.1d

Certificación Negativa de Cargas

9,015182€

4.1e

Outras Certificacións

6,010121€

RDGRN do 27 de xullo de 2005

Publicidade Índices/Tramitación Telemática

6,010121€

* Impostos non incluídos.

A expedición da certificación dará dereito a percibir os honorarios establecidos no arancel dos Rexistradores, aprobado por RD 1427/1989 do 17 de novembro (BOE 285/1989).
O despacho da certificación poderá dar lugar á cancelación das cargas caducadas conforme ao disposto no artigo 353 do Regulamento Hipotecario, polo que os honorarios que se terá dereito a percibir poderán incrementarse no caso de que sexa necesario cancelar esas cargas.


Acceso á Certificación
Unha vez expedida a Certificación, remitirase ao enderezo de correo electrónico indicado unha mensaxe que incluirá unha ligazón a unha páxina web onde poderá retirar a Certificación. En caso de ser usuario dos servizos interactivos do Colexio de Rexistradores pedirase nome de usuario e contrasinal, en caso contrario a identificación deberá realizarse con sinatura electrónica.
A Certificación poderá ser retirada en dous formatos: un formato puramente electrónico que deberá ser visualizado co visor específico facilitado polo Colexio de Rexistradores, ou ben poderá ser retirada en formato PDF imprimible, dotado dun Código Seguro de Verificación cuxa autenticidade poderá ser comprobada na páxina web establecida para o efecto e que figura no propio Código.

Volver a Trámites Propiedad ...

Contents limits
pechar