Contents limits

Colexio

Mensaxe de Benvida do Decano

 

Benvidos a  www.registradores.org a páxina web do Colexio de Rexistradores da Propiedade, Bens Mobles e Mercantís de España


Os rexistradores, en virtude da función de servizo público que teñen encomendada, pretenden achegarse ao cidadán a través das novas tecnoloxías. De aí a importancia de que o sitio web sexa unha ferramenta dinámica, interactiva e que facilite a súa utilización aos usuarios.


Desde hai varios anos, os rexistradores están á vangarda destas novas tecnoloxías: as oficinas rexistrais son modernas e están equipadas con importantes medios informáticos e con software de última xeración, elementos que facilitan o labor diario e que aproximan á cidadanía, de maneira eficaz e precisa, a información contida nos Rexistros.


Os métodos de traballo cambiaron de forma veloz e a totalidade dos rexistradores tiveron que adaptar os seus procedementos ás actuais demandas nun tempo récord: así, o Colexio de Rexistradores foi pioneiro na dixitalización de documentos, na incorporación de bases gráficas aos datos das fincas rexistrais, ou na rapidez de resposta á hora de facilitar, de maneira on line, as peticións dos cidadáns.


Este sitio web é un claro exemplo da modernización á que me refiro: desde o Rexistro Electrónico, o usuario puede solicitar comodamente ao Rexistro da Propiedade ou ao Rexistro Mercantil a información que desexe,  consultar as estatísticas colexiais ou realizar a presentación telemática de contas.


Ademais, registradores.org alberga outros interesantes apartados, co que converte a accesibilidade nun elemento fundamental:  as diversas Guías de Servizo editadas polo Colexio de Rexistradores, ou o Fondo Editorial, coas referencias bibliográficas publicadas polo Servizo de Estudos do Colexio de Rexistradores, son algunhas das seccións que se poden consultar na páxina web.



Alfonso Candau Pérez

Decano-Presidente do Colexio de Rexistradores de España

 

 

Actualidade

Toda a actualidade

 

Eventos

Todos os eventos

Contents limits
pechar