Contents limits

Oficinas en Bruxelas

Como consecuencia do considerable número de investimentos estranxeiros en España, especialmente por parte dos cidadáns comunitarios, o Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España, inaugurou o 11 de febreiro de 1997, unha Oficina de Información en Bruxelas. Esta pretende continuar, e ao mesmo tempo achegar aos cidadáns comunitarios o decidido labor de información e asesoramento ao consumidor, que o Colexio de Rexistradores vén exercendo no que se refire á adquisición de bens inmobles e o seu rexistro.

Servizos ofrecidos pola oficina de Bruxelas:

  • Información xenérica sobre o sistema inmobiliario e mercantil español.
  • Avaliación de consultas rexistrais, inmobiliarias e mercantís. Desde esa oficina colabórase activamente co Parlamento Europeo e coa Representación Permanente de España, na resolución de queixas referentes a estas cuestións.
  • Información específica con remisión, de ser o caso caso, ao Rexistrador competente.
  • Conexión co índice de Titularidades do Servizo de Índices do Colexio de Rexistradores.
  • Información sobre a lexislación de investimentos estranxeiros en España.
  • Teléfono verde de información gratuíta (en español, francés e inglés).
  • Colaboración con Universidades e Colexios Universitarios

A Oficina de información de Bruxelas dispón ademais dunha biblioteca xurídica aberta ao público, que conta cun amplo número de publicacións de Dereito Civil, Mercantil Hipotecario, Rexistral Urbanístico, Administrativo, Dereito Consumidores, etc.

Enderezo e teléfonos de interese
Ordre des Conservateurs des Hypotèques et des Registres de Commerce d¿Espagne.

Enderezo: Avenue Cortenbergh, 66, 2ème étage
Provincia: Bruxelas
Código Postal: 1000
Teléfono: + 32-2-280 14 45
Telefono verde: + 800 96 290
Fax: + 32-2-280 16 12
Correo-e: corpme@corpme-bru.com

volver

Actualidade

Toda a actualidade

 

Eventos

Contents limits
pechar