Contents limits

Obxecto do Rexistro da Propiedade

O Rexistro da Propiedade ten por obxecto a inscrición do dominio e demais dereitos reais sobre bens inmobles.
  • Dereitos Reais Inscribibles.- Son: dominio, usufruto, uso, habitación, servidumes, censos, hipoteca, dereito de retracto, e outros calquera dereitos reais. O Rexistro español non recolle unha lista pechada de dereitos reais, e admite o que se denomina un sistema de ¿número aberto¿. Con todo, a creación de novas figuras de dereitos reais na práctica resulta difícil, pois deberían reunir os requisitos estruturais dos dereitos reais, tales como a inmediatividade ou a absolutividade.
  • Outros Dereitos Inscribibles.- O Rexistro da Propiedade permite a inscrición doutros dereitos, aínda que non resulte sempre clara a súa natureza real. Así, permite que se inscriban: os estatutos da propiedade horizontal; os arrendamentos, subarrendos, cesións e subrogacións destes sobre bens inmobles; o dereito de retorno arrendaticio; as concesións administrativas e hipotecas sobre elas; os actos que derivan de expropiación forzosa,  ou de premas administrativas; as prohibicións de dispoñer  permitidas pola Ley; ou as causas de resolución dos dereitos inscritos, entre outros.
E en materia urbanística: actos firmes de execución do planeamento en canto afecten a fincas concretas, cesións urbanísticas, transferencias de aproveitamento urbanístico,  condicións das licenzas urbanísticas, incoación de expedientes de disciplina urbanística, e a interposición ou resolución de recursos xudiciais, entre outros.
  • Outros actos.-  Tamén son inscribibles as resolucións xudiciais que afecten á capacidade das persoas físicas ou xurídicas  e as que se derivan dun concurso de acredores; sempre que afecten a bens inmobles ou dereitos reais sobre os mesmos de que sexan titulares.Ademais, a través das denominadas ¿anotacións preventivas¿ teñen cabida no Rexistro situacións provisionais que afectan a dereitos reais sobre bens inmobles. Así, por exemplo, demandas xudiciais sobre dereitos inscribibles, embargos, sentenzas non firmes, prohibicións de dispoñer ordenadas xudicialmente, o dereito hereditario, e actos semellantes.

Volver

Contents limits
pechar