Contents limits

PAIT

Exercendo unha dobre misión:

  • Prestar servizos presenciais de información e asesoramento aos emprendedores na tramitación telemática das súas iniciativas empresariais (S.R.L e S.L.N.E.).
  • Iniciar o trámite administrativo de constitución da sociedade a través do Documento Único Electrónico (D.U.E).

Conforme ao Convenio, os PAIT proporcionarán con carácter obrigatorio os seguintes servizos aos emprendedores:

  • Información sobre as características da SLNE e SRL: marco legal, aspectos mercantís, vantaxes fiscais, aspectos contables, sistemas de tramitación, normativa aplicable, así como información sobre outras formas xurídicas vixentes no ordenamento xurídico mercantil.
  • Realización da tramitación para a constitución de empresas coa forma xurídica SLNE e SRL, a través do sistema telemático.
  • Información sobre as axudas públicas á creación de empresas.
  • Información sobre o réxime de Seguridade Social aplicable ao caso concreto, normas de afiliación, cotización, axudas.
  • Titorización do plan de empresa.
  • Información xeral sobre temas de interese para as empresas: financiación, fiscalidade, programas de axudas, contratación laboral, investigación, cooperación empresarial, etc.

Volver a Consumidores

Actualidade

Toda a actualidade

 
Contents limits
pechar