Contents limits

Nota simple

Solicitude dunha nota simple 

A nota simple é un extracto sucinto do contido dos asentos relativos á finca, onde conste a identificación desta, a identidade do titular ou titulares dos dereitos inscritos sobre esta, e a extensión, natureza e limitacións destes. Así mesmo, faranse constar as prohibicións ou restricións que afecten aos titulares ou dereitos inscritos. O valor da nota simple é puramente informativo.

Para realizar a solicitude, dispoñerase de catro opcións de procura: 


  • Procura por datos rexistrais

Neste tipo de consulta cómpre introducir o Rexistro da Propiedade a que se refire a petición, así como o municipio, número rexistral da finca, e a sección e o ordinal da subfinca no seu caso, o que encamiña de forma directa aos datos da finca que se quere consultar. No caso de que se dispoñan, é recomendable incluír no campo observacións o tomo, libro e folio nos que está inscrita a finca.


  • Procura por Idufir

Idufir son as siglas de identificador único de finca rexistral e como o seu nome indica, permite determinar unha finca concreta dentro do territorio nacional. Deste modo, o usuario, coñecendo o idufir e sen a necesidade de dispoñer do resto de datos rexistrais, pode realizar a solicitude de calquera finca.

 

  • Procura por titular

Pode realizarse este tipo de procura a partir do nome completo do titular, nome parcial deste ou polo NIF do titular. Estes datos introdúceos o usuario, e a partir deles ofrécense aqueles titulares que coinciden cos parámetros fixados, de forma que poida elixirse aquel sobre o que realmente se desexa realizar a consulta. Se os datos achegados son demasiado xenéricos, e polo tanto presentan coincidencias con moitos posibles titulares, demandaráselle ao usuario unha maior precisión.

Unha vez localizado o titular, deberase  filtrar ou limitar a petición a un Rexistro da Propiedade, a unha comunidade autónoma, a unha provincia ou a un municipio determinado, ou ben, estendela a todo o territorio nacional.

 

  • Procura por outros datos

Este tipo de consulta permite buscar as fincas das que só se dispón da localización (rúa ou paraxe...), se ben é necesario saber municipio e Rexistro da Propiedade ao que referirse, estando dispoñible como forma de axuda en numerosas poboacións un sistema de rueiro que encamiña ao Rexistro da Propiedade competente.

 

 

Interese Lexítimo Alegado

Para que a solicitude sexa tramitada, é necesario expresar o interese que motiva a consulta, para que esa expresión poida ser cualificada e reputada lexítima polo Rexistrador que expedirá a información, así como para que quede a disposición do titular da finca, que en calquera momento poderá á súa vez consultar as informacións expedidas respecto das súas fincas e as causas de interese alegadas.


 

Custo do Servizo

A información solicitada seralle facturada directamente ao usuario polo  Rexistrador que a expida a razón de 9,02 euros por finca.



 

Volver a Propiedade ...

Contents limits
pechar