Contents limits

Política de Privacidade

De acordo coa Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal 15/1999, do 13 de decembro, o usuario e titular dos datos queda informado e presta o seu consentimento inequívoco á incorporación dos seus datos ao ficheiro de ¿Consumidores¿ e ao tratamento automatizado deste, e é responsable do ficheiro e do tratamento o Colexio de Rexistradores. O uso e fin do tratamento é a atención a cidadáns usuarios dos servizos rexistrais.


A política de privacidade do Colexio de Rexistradores asegura o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación, e oposición, nos termos establecidos na lexislación vixente, e pode utilizar para iso calquera dos canais de comunicación do Colexio de Rexistradores, con enderezo na rúa Diego de León nº 21, código postal 28006, Madrid, utilizando o servizo de Soporte LOPD (902 181 442 / 91 270 16 99), a través do enderezo de correo electrónico soporte.lopd@corpme.es ou, en xeral, polo medio de comunicación que habitualmente utilice.


O usuario tamén poderá dirixirse por escrito, en caso de que o encontrase necesario, ao Colexio de Rexistradores, Servizo de Sistemas de Información ¿ Oficina de Seguridade, Diego de León nº 21, código postal 28006, Madrid.


O Colexio de Rexistradores adoptou os niveis de seguridade de protección dos Datos Persoais legalmente requiridos, e instalou todas as medidas técnicas e organizativas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos, cuxo segredo e confidencialidade garante.


A aceptación do usuario para que poidan ser tratados os seus datos na forma indicada, é condición necesaria para a prestación deste servizo, de forma que o seu uso implica tal aceptación, que ten sempre carácter revogable, sen efectos retroactivos, conforme ao que dispoñen os artigos 6 e 11 da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal 15/1999, do 13 de decembro. O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados. O Colexio de Rexistradores poderá excluír dos servizos prestados ao usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.

O Colexio de Rexistradores reserva o dereito a modificar a presente Política para adaptala a novidades lexislativas ou xurisprudenciais. Neses supostos o Colexio de Rexistradores incluirá no presente documento os cambios introducidos con razoable antelación á súa posta en práctica.


Contents limits
pechar