Contents limits

Bens Mobles

O Rexistro de Bens Mobles é un Rexistro levado polos Rexistradores da Propiedade e Mercantís, baixo a dependencia do Ministerio de Xustiza, que ten por obxecto a publicidade da propiedade e das cargas e gravames sobre bens mobles, así como as condicións xerais da contratación. 

Ao igual que no Rexistro da Propiedade inscríbense os bens inmobles, no Rexistro de Bens Mobles inscríbense os contratos sobre bens mobles, isto é, bens susceptibles de desprazamento. 

Este rexistro lévase polo sistema de folio real e soporte electrónico.

Conforme á DA única do RD 1828/1999 do 3 de decembro estrutúrase en 6 seccións:

  • Buques e aeronaves.
  • Automóbiles e outros vehículos de motor.
  • Maquinaria industrial, establecementos mercantís  e bens de equipo.
  • Outras garantías reais.
  • Outros bens mobles rexistrais.
  • Rexistro de condicións xerais de contratación.

<!--[endif]-->

 

Actualidade

Toda a actualidade

 

Eventos

Contents limits
pechar