Contents limits

Mercantil

O Rexistro Mercantil é unha oficina pública, existente en todas as capitais de provincia e demais cidades previstas regulamentariamente, a cargo dun ou varios Rexistradores Mercantís e que depende da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza.

Hai un único Rexistro Mercantil en cada capital das provincias existentes en España. Ademais existen Rexistros Mercantís nas cidades de Ceuta, Melilla,  Eivissa, Maó, Arrecife, Puerto del Rosario, Santa Cruz de la Palma, San Sebastián de la Gomera, Valverde e Santiago de Compostela. Existe tamén un único Rexistro Mercantil Central que se ocupa do relativo ás denominacións das sociedades e entidades mercantís.

As sociedades adquiren a súa personalidade xurídica coa inscrición no Rexistro mercantil correspondente ao seu domicilio social, o que quere dicir que a súa inscrición no  rexistro é obrigatoria e constitutiva.

Cada Rexistro está a cargo dun ou varios rexistradores mercantís. O rexistrador é un xurista profesional do dereito que exerce unha función pública: cualifica e controla baixo a súa responsabilidade a legalidade de todos os documentos que deben acceder ao Rexistro.

O Rexistro Mercantil é o principal instrumento legal para a formalización dos negocios. É esencial para  o desenvolvemento económico, como medio para reducir os custos de transacción. 

As inscricións rexistrais practícanse tras a cualificación rexistral: control da legalidade e da validez do contido dos actos e acordos sociais e da capacidade e lexitimación de quen os subscriben.

Como consecuencia dese control rexistral, esas inscricións teñen atribuídos fortes efectos legais:
 

a) O contido do Rexistro presúmese exacto e válido.

b) Os actos inscritos son opoñibles a terceiros de boa fe.

c) Os asentos do Rexistro están baixo a salvagarda dos Tribunais e producirán os seus efectos mentres non se inscriba a declaración xudicial da súa inexactitude ou nulidade.

d) A declaración judicial de inexactitude ou nulidade destas non prexudicará os dereitos de terceiros de boa fe, adquiridos conforme a dereito.

Desta maneira, tanto as empresas coma os cidadáns e as administracións públicas evitan altos custos de transacción, tendo ao seu alcance información acreditada suficiente sobre as entidades coas que pretenden contratar e a súa situación xurídica e económica.

Calquera persoa pode acceder á información mercantil interactiva en tempo real que o Colexio de Rexistradores proporciona a través da súa páxina web www.registradores.org no apartado información mercantil interactiva. A información correspondente a determinados datos sociais, así como ao exacto contido das contas anuais depositadas, poderá obterse de forma inmediata os 365 días do ano e as 24 horas do día. A información constitúe unha base de datos actualizada e veraz dos actos sociais  rexistrados.
 

Actualidade

Toda a actualidade

 
Contents limits
pechar